Coñécenos
Paixón e gusto polo mellor sabor
Conxelados José Bermúdez é un negocio familiar que soubo adaptarse ás necesidades e requisitos do mercado. Somos testemuño do valor do esforzo do valor e a dedicación, presentes desde os primeiros tempos da empresa.
A historia de Conxelados José Bermúdez remóntase á segunda metade do século XX, cando José Bermúdez emigra a Alemaña. Como tantos outros galegos, José pasou un longo período de tempo traballando fóra do seu país, aprendendo a ser independente e descubrindo valores tan importantes como a responsabilidade e a ética profesional.
Ao seu regreso a Galicia, José Bermúdez funda, en 1975, o primeiro dos negocios vinculados ao mar, centrado na venda de bacallau. Cunha firme crenza na calidade e na excelencia, asentouse a reputación de José Bermúdez.
Percorrendo mercados e prazas, a venda de bacallau realizábase de forma ambulante. Isto permitiunos coñecer a clientes de todas partes, os seus gustos e preferencias á hora de escoller o mellor produto para a súa familia. Co paso do tempo, e coa incorporación de José Bermúdez fillo e a súa muller Lela, o negocio dá o salto á praza de Abastos de Santiago de Compostela, onde se asintan nos anos 80.
Cun pequeno establecemento de venda de bacallau e outra tenda de venda de peixe e marisco conxelado, o negocio foi prosperando aos poucos. Cada vez íanse facendo máis populares entre a clientela compostelá, que descubriu produtos do mar de excelente calidade que conservaban todo o sabor a través do proceso de conxelado.
A visión empresarial de Lela foi crucial para proxectar o que hoxe coñecemos como José Bermúdez. Soubo ver a oportunidade estratéxica que a praza de Abastos brindáballes, o atractivo turístico que supón e a crecente afluencia de peregrinos que visitan a cidade tras percorrer o Camiño de Santiago.
Agora, case 50 anos despois, a terceira xeración de José Bermúdez traballa no negocio familiar axudando a fortalecer a presenza do negocio na cidade, detectando novas oportunidades e adaptándose ao momento actual.
Coñecedores da excelente calidade do peixe e marisco de Galicia, en Conxelados José Bermúdez non só contamos por produtos do mar galegos, senón que apostamos por especies doutras rexións do mundo que sorprenden polo seu sabor e fantástico nivel.
Ao longo dos anos, mantivemos os mesmos valores cos que se fundou o negocio: compromiso coa calidade, atención personalizada e profundo coñecemento dos nosos produtos.
Cada peza que vendemos é un reflexo do esforzo, dedicación e paixón polo mar que sente a nosa familia. Seguimos traballando, orgullosos de continuar con esta tradición familiar, levando o mellor sabor do mar á túa mesa.
Os nosos clientes
Atención personalizada
Case medio século de permanencia no sector, a nosa experiencia para seleccionar e vender produtos do mar de máxima calidade diferéncianos. Queremos axudarche na elección do marisco e peixe perfecta e asegurarémonos de que goces da mellor experiencia. Confía en José Bermúdez e enriquece os teus pratos cun sabor e frescura exquisitos.